jueves, 20 de noviembre de 2008

PLANTAS MEDICINAIS I

POR UN COLEGA BIOLOGO:
Achillea millefolium L. Galego: Herba da rula, herba dos carpinteiros, milfolhas.
Castelán: Milhojas, cientoenrama, milefolio, hierba de Aquiles, hierba de las heridas, hierba de los carpinteros, hierba de los soldados.
Descrición: Herba vivaz orixinaria de Europa, que acada de 40 a 60 centímetros de altura. Ten unha cepa rastreira, un tallo erguido, duro, con multitude de follas peludas e longas, tenras, con segmentos sumamente divididos. As flores nacen en corimbos densos. O froito é seco, cunha semente solta. O sabor é amargo, astrinxente. Florece no verán e multiplícase por semente ou división do rizoma.
Partes utilizadas: Cepa, tallos, follas, flores e froitos.
Compoñentes activos: Tanino, aceite esencial, glucósido,recina, potasio, fósforo, ácidos orgánicos, materias nitroxenadas, asparagina, glicerina, etc.
Propiedades: Antisépticas, tónicas, vulnerarias, hemostáticas, carminativas, diuréticas, astrinxentes, antiespasmódicas, depurativas, cicatrizante.
Usos: Decocións para lavaxes, infusións, culinarios. Emprégase contra a alopecia.
Observacións: O seu nome procede da lenda que conta que cando Aquiles foi ferido no seu famoso calcaño, ás portas deTroya, foi curado pola Diosa Afrodita con esta planta. Tamén se lle atribúen beneficios para a circulación sanguínea, como hipotensora.
Anchusa azurea Millar Galego: Buglossa, erva do fígado, línuga de vaca, erva do sangue, borragem bastarde.
Castelán: Lengua de vaca, lenguaza, algamula, raiz de fuego, chupamieles.
Descrición: Esta planta, no seu primeiro ano, forma unha roseta de follas angostas e lanceoladas, alongadas e atenuadas inferiormente; a raíz é profunda e bota vástagos ramosos, erizados de pelos ásperos, cunhas follas máis curtas que as basais e sen pecíolo. As flores en ramilletes unilaterais, enroscados polo extremo. A corola, de cor azul intensa. Esta planta florece de maio a xullo. Críase nos barbeitos, particularmente en terreos calcários. Partes útiles: As flores.
Compoñentes activos: Cinoglosina, consolidina, colina, alantoína, mucílago, e tanino.
Propiedades e usos: Cordiales, sudoríficas. Utilízase para viños cordiales e en infusións.
Observacións: É moi parecida a borraja, según un dito popular: “as súas azuis florcitas, con augardente e azucre, fortifican o corazón e volven alegres ós seres melancólicos”. Na calidade de sudorífica, as follas desta planta úsanse en infusión. Hai quen considera que o zume desta planta tonifica as úlceras e axuda a súa cicatrización.
Asparagus officinalis L. Galego: Espargo.
Castelán: Esparraguerra.
Descrición: É unha planta vivaz, con rizoma, orixinaria de África e Cercano Oriente. Posúe un rizoma rastreiro, moi desenvolvido, do que parten os turións; en primavera dá xemas de tallo branco e cabezuelas comestibles, de cor verdoso-morada. O tallo pode acadar metro e medio de altura. As flores son esbrancuxadas, acampanuladas, e nacen en solitario ou adosadas entre sí, con pés machos e pés femias. O froito é unha baia redonda, de cor vermella intensa e sabor amargo e cuxo olor se transmite ós ouriños.
Partes útilizadas: A raíz (medicinal); o turión (espárrago) como alimento.
Compoñenes activos: Asparragina, tirosina, coniferina, ácido succínico, vitamina C.
Propiedades: Diuréticas, depurativas, aperitivas, tonicocardíacas, hepáticas. Usos: Decocións, xarope das cinco raíces, culinarios.Emprégase tamén contra: a gota, ictericia, obesidade,palpitacións, etc.
Observacións: A esparragueira calma o corazón sen irritar o estómago; nalguns países hispanoamericanos pulverizan a semente da esparragueira, mesturándoa con azucre para curar as doenzas do bazo e do fígado.
Avena sativa L. Galego: Avea, aveia.
Castelán: Avena.
Descrición: É unha gramínea anual, orixinaria de Oriente Medio e o Mediterráneo oriental.
Medra erguida, con tallos ocos e follas planas e ásperas, frores agrupadas por pares con espiguiñas que penden, unidas por dúas glumas de considerable tamaño. O gran está encerrado nunha casca separada do mesmo. Acada 1 m da altura; as flores forman mazorcas curvadas no extremo con pequenas ramificacións. A recolleita faise no verán.
Partes utilizadas: Sementes e follas.
Compoñentes activos: Amidón, prótidos, lípidos. Lecitina, azucres, fósoforo, magnesio, calcio, aminoácidos, enzimas, unha hormona sexual feminina e vitaminas A, B1, B2, PP e D. Propiedades: Sedantes, hipoglucémicas, edulcorantes, estimulantes, antiasténicas, refrescantes, diuréticas, laxantes. Usos: Tisanas, cocementos, emplastos, máscaras de beleza; culinarios.
Observacións: A palla acostumaba usarse como xergón, sendo favorable para a cura das afeccións reumáticas. Está indicada nos casos de imsonio, especialmente entre os nenos. Emprégase en baños para exercer unha acción emolente en peles delicadas. É a base esencial do whisky.
Bellis perennis L. Galego: Margarida, bonina, bilorita, velerita, etc.
Castelán: Bellorita, o vellorita, margarita menor, chirivita.
Descrición: Herba vivaz, elegante e orixinaria de Europa. Ten unha cepa truncada e un tallo subterráneo, con todas as follas na base e a ras do solo, formando unha roseta. As flores son simples ou dobres, con moi variadas cores, rosa, amarela, vermella e branca, coas súas combinacións respectivas, formando capítulos solitarios e gamopétalas. O sabor é dulzón, chegando a amargo, e carece de olor . Recóllese todo o ano, preferiblemente arredor do 24 de xuño. Florece en primavera e multiplícase por semente.
Partes utilizadas: Follas e flores.
Compoñentes activos: Principios amargos, taninos, saponina, aceite esencial, flavona, antoxantina, resina, ácidos orgánicos, inulina e outras substancias.
Propiedades: Antiinflamatorias, depurativas, diuréticas, vulnerarias, astrinxentes, desinfectantes, reconstituíntes, hepáticas, sudoríficas, expectorantes.
Usos: Decocións, tés, culinarios, decorativos.
Observacións: As súas flores ábrense completamente á luz do sol, pero pola noite ou en tempo chuvioso cérranse e abátense. Emprégase tamén para curar as inflamacións da boca e gorxa. As súas follas crúas poden comerse en ensalada ou en sopas e menestras.
Beta vulgaris L. Galego: Acelga, celga.
Castelán: Acelga.
Descrición: Esta planta, como a remolacha, deriva da Beta marititima, que é unha planta bienal da costa norte de Francia e a Mediterránea. Hai acelgas negras e brancas. As follas son anchas, lisas e acanaladas. Esta planta está destinada á alimentación case exclusivamente.
Partes utilizadas: follas e tallos (pencas).
Compoñentes activos: Ferro, vitaminas diversas, sacarosa. Propiedades: Laxantes, edulcorantes, antianémicas, emolentes, nutritivas.
Usos: Cataplasmas, máscaras de beleza, cocións, cociña.
Observacións: A acelga é acuosa e pouco gorentosa, pero como alimento é moi útil. As follas crúas utilízanse para preparar unha eficaz máscara de beleza, emolente e refrescante. O cocemento das follas e as raíces mata as lendrias, e no baño mitiga as frieiras. As acelgas, con mostaza e vinagre, son excelentes para o fígado. Estas follas crúas, comidas en ensalada, actúan como laxativas. Os diabéticos non deben comer ningunha vareidade de acelga.
Brassica oleracea L. Galego: Couva.
Castelán: Berza.
Descrición: É unha verdura moi popular, orixinaria das zonas do litoral atlántico e mediterráneo. É unha planta de tallo groso, con follas moi anchas e esparexidas, estando as inferiores profundamente divididas, de cor verde glauca e textura carnosa. Máis adiante, a parte central branquéase, anque pode adoitar matices amarelos, rosados ou vermellos, tras os primeiros fríos. Hai moitas variedades de berza cultivadas. Necesita solos ricos en materias orgánicas, moi labrados e mellor drenados. Reprodúcese por sementes.
Partes utilizadas: Follas.
Compoñentes activos: Prótidos, esencia sulfurada, glúcidos, lípidos, fósforo, calcio, sales minerais, iodo, vitaminas A, B e C, aceites esenciais, principios amargos, isotiocianato.
Propiedades: Edulcorantes, antianémicas, vermífugas, vulnerarias, pectorais, hipoglucémicas,depurativas, diuréticas, cicatrizantes, antiescorbúticas, antidiarreicas.
Usos: Decocións, caldos, emplastos, culinarios, cataplasmas.
Observacións: Foi moi apreciada por celtas e romanos, tanto polas súa virtudes culinarias como polas súas propiedades medicinais. Pode aplicarse nas úlceras varicosas, na ciática; é un bon remedio contra a neuralxia, e as follas quentadas son excelente contra o reumatismo.
Bryonia dioica Galego: Nabo caíño, nabo da nouza.
Castelán: Nueza, alfesera, espárrago de cruz, túcar.
Descrición: Planta vivaz, trepadora, que pode acadar ata 4-5 m, de raíz carnosa e voluminosa en forma de nabo. Tallos aéreos provistos de zarcillos, polos que s fixa ao soporte. Follas palmatilobuladas, con cinco lóbulos, cubertos de pelos ríxidos. Flores dioicas, en pés diferentes, de corola verdosa a marelenta. O froito é unha pequena baia globosa vermella.
Partes utilizadas: Raíz.
Compoñentes activos: Heterósidos, saponinas, principios amargos, e entre eles cucurbitacinas, ás que se lle debe a acción purgante drástica.Toda a planta é tóxica.
Usos: A doses terapéuticas utilízase como purgante drástico, en conxestións cerebrais, hidropesía, en forma de tintura, decocción, infusión; sen embargo o seu uso non é recomendable en alopatía. En homeopatía utilízase como derivativo en infeccións pulmonares agudas, afeccións catarrais e reumatismo. É unha droga perigosa que pode provocar irritación gastrointestinal, vómitos, diarreas coleriformes, hemorraxias intestinais, inflamación dos riles, vertixes, etc..; a doses elevadas produce paralización do sistema nervioso central e a morte.
Hábitat e recolleita: En solos profundos e frescos , en matugueiras, sebes e proximidades dos ríos. Recolleita: antes da floración, as raíces córtanse en rodaxas delgadas para facilitar a desecación.
Buxus sempervirens L. Galego: Buxo, boxe.
Castelán: Box, alarquez, bujo, boje.
Descrición: Arbusto matorral de follas sempre verdes, orixinario de Europa central e occidental. As flores, pequenas, carecen de pétalos, teñen cor marela e agrúpanse en inflorescencias, que nacen nas axilas das follas. A cápsula é tricornia, con 6 sementes negras e oscilantes. O sabor é amargo. Florece en primavera. Acostuma medrar rodeado de carballos, faias e piñeiros silvestres, en toda Europa, acada ata 6 metros de altura e prefire terreos calcarios, bosques e montes. O buxo é moi sensible ao frío.
Partes utilizadas: Follas e cortiza da raíz.
Compoñentes activos: Vitamina C, alcaloides, taninos, aceite esencial. Entre os alcaloides atópanse a parabuxina, abuxina e a buxinamina.
Propiedades: Coleréticas, febrífugas, sudoríficas, depurativas, laxantes, estimulantes, purgantes, antirreumáticas, velenosas. Usos: Cocimentos, infusións. Emprégase para combater: o estreñimento, febre, gota, reuma, sífilis.
Observacións: O buxo é un arbusto velenoso, polo que só debe usarse baixo consello médico.
Capsella bursa-pastoris Medikus Galego: Bôlsa de pastor, herba dos dentes.
Castelán: Pan y queso, quesillos, bolsa ou zurrón de pastor, pan y lechuga.
Descrición: Herba anual duns 20 centímetros de altura como moito, orixinaria de Asia occidental e Europa. O tallo erguido é florífero; as follas basais están ordeadas en roseta. As flores son diminutas e de cor branca, en racimos soltos. O froito é aplanado, de forma triangular. Carece de olor e o sabor é algo salgado. Florece de marzo a novembro e recóllese todo o ano, multiplicación por sement e división de mata.
Partes utilizadas: Raíz, tallo, follas , flores e froitos
Compoñentes activos: Colina, acetilcolina, tiramina, fumariato, ácido de potasio, fermento lab, diosmina, vitamina C e outras substancias.
Propiedades: Hemostáticas, desinfectantes, cicatrizantes, tónicas, astrinxentes.
Usos: Infusións, culinarios, tés, tinturas.
Observacións: A tintura homeopática está indicada nos casos de epistaxis (hemorraxias nasais), e contra a cistite e a litiase das vías urinarias.
Cichorium intybus L- Galego: Chicoria-do-café, almeirâo.
Castelán: Chicoria, ramoya, almirón, amargón.
Descrición: A achicoria silvestre, é orixinaria de Europa. É unha herba perenne, vivaz de raíz carnosa. As flores teñen unha cor azul forte, reunidas en capítulos que se abren pola mañán, cara ás 6, e cérranse cara á 11; o sabor da raíz é amargo. En España cultívase dende o século XVII. Florece todo o verán.
Partes utilizadas: Follas e raíz.
Compoñentes activos: glúcidos, lípidos, sales minerais, prótidos, ácidos aminados, intibina, inulina, cicoriina, vitaminas B, C, P, K, tanino e colina.
Propiedades: Depurativas, coleréticas, aperitivas, hepáticas, diuréticas, tónicas, dixestivas, laxantes, estomacais e febrífugas.
Usos: Decocións, infusións, cataplasmas, xaropes. Emprégase contra: a diabete, estreñimento, hepatite.
Observacións: A achicoria non debe urtilizarse en indivíduos anémicos ou febles xa que acentúa estas condicións. Antigamente en Alemaña, crían que a achicoria daba sorte no amor, polo que se consideraba unha herba para namorados. Coas follas cúranse as dermatites e as erupcións cutáneas.
Clematis vitalba L. Galego: Vitalba, Herba dos mendigos, clemátide branca, omiña, cipó-do-reino.
Castelán: Hierba de los pordioseros, vidalba, muermera, vidarra, vidraira.
Descrición: É un arbusto sarmentoso e trepador, orixinario de Europa meridional e Asia. Pode definirse como “liana”. Os tallos son volubles, angulosos e lixeiros. As flores son corimbos brancos, sen pétalos, con 4 sépalos afieltrados polas dúas caras, e numeroso estames. O seu olor é feble anque agradable, e o sabor acre e picante. Florece no verán, prosperando en terreos, calcários e nitroxenados. Multiplícase por semente, enxerto e división de mata.
Partes utilizadas: Follas, flores e extremidades.
Compoñentes activos: Ácido cafeico, caulosapoxenina, hentriacontano, ácido melísico, alcanfor de clemátide.
Propiedades: Revulsivas, bactericidas.
Usos: Infusións, viños, cauterios. Emprégase contra: o cólera, neurálxias, a sarna..
Observacións: Nalgúns países, comen os brotes tenros de clemátide como verdura. Asimesmo, as follas tenras úsanse contra a sarna.
Chelidonium majus L. Galego: Celidónia, leitaria, erva andorinha, erva das verrugas, ceruda, etc.
Castelán: Celidonia mayor, hierba de las golondrinas, hierba verruguera, cirigüeña, golondrinera
Descripción: Planta herbácea vivaz, de 30-100 cm. Tallos ramificados e vellosos. Follas alternas, de cor verde azulada no envés, e tamén vellosas. Flores amarelas, con catro pétalos en forma de cruz agrupados en umbelas. O froito é unha silícua glabra. Toda a planta contén un látex amarelo alaranxado, de sabor acre e picante. Floración: primavera e verán.
Parte utilizada: Planta enteira e látex.
Hábitat e recolleita: En lugares sombríos e frescos, terreos baldíos, penedías, preferentemente na metade Norte da Península. Recolleita: durante a floración, desecación á sombra ou ao sol.
Principios activos e acción: Numerosos alcaloides, quelidonina, queleritrina, protopina, berberina. Os alcaloides teñen tamén propiedades antivíricas que xustifican o uso do látex para eliminar as verrugas.
Emprego: En uso tópico, no tratamento das verrugas, frotándoas co látex fresco, con precaución pola súa causticidade. Doses moi altas provocan somnolencia, parálise das terminacións nerviosas sensitivas e bradicardia. A administración contínua de dose elevadas pode producir canceroxénese.

Digitalis purpurea L Galego: Digital, luvas de Santa María, luvas de Nossa Señora, dedaleira, abeloira, caralhotas, estraques, estoirotes, estralotes, estralantes, estoupois.

Castelán: Dedalera, guante de Nuestra Señora, zapatitos de Cristo, calzones de cuquillo, calzones de zorra, alcahueta del cerezo, etc..

Descripción: Planta herbácea perenne bienal. Follas oval-lanceoladas, pubescentes, abrancuxadas e con nervios prominentes no envés. A inflorescencia é un longo racimo de flores colgantes, cuxa corola ten forma de dedo de luva, cor púrpura ao exterior e máis craro e con manchas vermellas no seu interior. Froitos en cápsula. Floración maio-xullo.

Parte utilizada: Follas.

Hábitat e recolección: Común nas montañas do Norte, Centro e Sul da Península, en bosques aclarados e nos seus lindeiros, en terreos silíceos. Recolección: a partir do segundo ano, antes da floración; desecación rápida a 50-60º .

Compoñentes activos: Glucósidos, saponinas, e o principio activísimo “digitalina”

Propiedades: Depurativas, tonificantes, hidrópicas, estimulantes, diuréticas, febrífugas, reconstituíntes, calmantes.

Observacións: Esta planta é eminentemente tóxica, polo que o seu uso debe quedar moi restrinxido. O seu envelenamento orixina debilidade cardíaca, supresión urinaria e lentitude no latexo do corazón.

Equisetum arvense L. Galego: Herba estañeira, rabo-de-cavalo, cavaliña.

Castelán: Equiseto menor, cola de rata, brusco, cola de gato, cola de zorro, rabo de mula.

Descrición: É unha planta vivaz, orixinaria de Europa. O tallo é erguido e oco, como todos os equisetos, estando articulado por nós dos que nace un verticilo de follas puntiagudas que rodean o tallo neses puntos. Hai tallos fértiles e tallos estériles. Esta planta non ten nin flores nen sementes. Medra en descampados, en prados, nos bordes de matugueiras e foxos, requerindo un terreo húmido e arxiloso. A multiplicación ten lugar pola semente de esporas ou plantación de rizomas.

Partes utilizadas: Raíz, tallos e ramas.

Compoñentes activos: Sílice, glucósidos, potasio, equisetonina, recina, ácido gálico e outras substancias.

Propiedades: Diuréticas, astrinxentes,mineralizantes, cicatrizantes, depurativas,antirreumáticas, hemostáticas.

Usos: Decocións, cocimentos, externos como gargarismos, pulverizacións, etc.

Observacións: Os gromos novos desta planta poden comerse en ensalada. Esta planta cando está seca, serve para pulimentar madeiras, abrillantar o cobre ou para limpar as matrices de imprenta.