viernes, 21 de noviembre de 2008

PLANTAS MEDICINAIS II

POR COLEGA BIOLOGO
()
Eucalyptus globulus Labillardière Galego: Eucalipto, eucalito, alcolito
Castelán: Árbol de la fiebre, gomero azul de Tasmania
Descrición: É unha árbore orixinaria de Tasmania e Australia. O tallo é cadrado, coa cortiza de cor branca grisácea. Ten follas olorosas, colgantes, persistentes, lanceoladas. As flores son de cor blancuzca, con froitos capsulares de tres ou catro compartimentos onde están as sementes. Esta árbore é moi aromática, anque o sabor das follas é moi amargo. Os alcolitos acadan nas zonas mediterráneas de 30 a 35 metros de altura, anque no país de orixe poden chegar aos 100. Florece en outono e inverno
Partes utilizadas: As follas adultas e secas.
Compoñentes activos: Recina, taninos, ácidos graxos, aceite esencial, eucaliptol, etc
Propiedades: Antisépticas, febrífugas, bactericidas, estimulantes, aperitivas, astringentes, anticatarrais, pectorais
Usos: Decocións, infusións, desinfeccións
Observacións: Ten propiedades febrífugas e antisépticas. Para cortar os catarros nasais e afeccións da gorxa, é excelente un bon vaho que se tomará coa cabeza ben tapada, para súar convenientemente. Tamén se emprega para facer unha bebida chamada eucaliptine, con propiedades medicinais (fabricada polos monxes de Oseira)
Foeniculum vulgare Miller Galego: Fiuncho
Castelán: Hinojo oficinal, hinojo romano
Descrición: Planta herbácea, ata 2 m. Tallos glaucos, robustos e ramosos. Follas divididas en largas lacinias filiformes e provistas dunha vaíña moi desenvolvida.. Umbelas de 10 30 radios sen involucro, flores amarelas. Froito oblongo. Olor a anís. Floración: a partir de xuño
Parte utilizada: Froito
Hábitat e recolleita: En ribazos e barbeitos de toda a Península. Ás veces cultivado ou subespontáneo. Recolleita: a partir de xullo
Principios activos e acción: Esencia rica en acetol, estragol e hidrocarburos terpénicos, que lle confiren acción carminativa e eupéptica, debido á estimulación dos músculos lisos gastrointestinais. É tamén expectorante e anteiséptica moi feble
Emprego: En trastornos dixestivos, disepsia, anorexia, acrofaxia, e como expectorante, contra a bronquite en infusión. Frecuentemente asóciase con outras drogas eupépticas e galactóxenas. En uso externo emprégase a auga destilada para colirios. Non convén sobrepasar as doses, xa que a partir de 20 g a esencia pode ser convulsionante
Fragaria vesca L. Galego: Freseira, morango, morangueiro
Castelán: Fresera, frutilla, mayueta, fragaria, fraga, madroncillo, maibeta
Descrición: É unha planta vivaz de perfume intenso e delicado, orixinaria dos bosques e montañas de Europa, Asia e América. A freseira posúe unha cepa pequena, de raíces pardas, das que sobresaen as follas pecioladas, dentadas, verdes pola face, divididas en tres segmentos aovados. As flores, pedunculadas, son de cor branca ou marela, e nacen solitarias ou en corimbos ralos.O froito é case redondo, dun centímetro de lonxitude, de cor vermella, moi suculento e fragante. Medra espontáneamente nas arboledas, entre pedras e en sitios escondidos. Florece en primavera e actualmente hai un extenso cultivo nos hortos.
Partes utilizadas: Os froitos, as follas, as raíces e a cepa
Compoñentes activos: Glúcidos, tanino, sales minereais, proteínas, vitamina C, aceite esencial, ácidos orgánicos
Propiedades: Diuréticas, laxantes, depurativas
Usos: Infusións. Xaropes, culinarios, cosméticos. Emprégase contra a: bronquite, gota, ictericia, litiase, sabañóns, etc
Observacións: O zume de fresa é un produto completo en todos os seus aspectos nutritivos e curativos. Os diabéticos poden comer fresas sen temor ningún
Fumaria officinalis L. Galego: Pombiña, , fumária, erva-pombiña, herba do fogo, prixel de can, herba dona
Castelán: Palomilla, sangre de Cristo, camisitas del niño Jesús, hierba del conejo
Descrición: É unha herba anual trepadora, orixinaria das rexións temperadas de Asia. As flores de cor rosa-púrpura, son pequenas, alongadas e reunidas en espiga. Recóllese cando comeza a florecer, entre abril e xuño, e multiplícase por sementes e división de mata.
Partes utilizadas: Sumidades floridas.
Compoñentes activos: Ácido fumárico, tanino, protopina, potasio, principios amargos, alcaloides, resinas, flavonoides, etc.
Propiedades: Antiescorbúticas, diuréticas, tónicas, detervisas, aperitivas, laxantes, hepáticas, vermífugas e estomacais
Usos: Infusións, xaropes, maceracións
Observacións: A súa propiedade máis importante é que, xunto coa angélica e o freixo, considérase un dos elementos simples que máis alargan a vida.. Dioscórides e Galeno recomendábana contra a ictericia e as doenzas hepáticas. Os médicos árabes taén a alabaron no século X, e o italiano Matioli, usábaa como tónico e purgante no século XVI. A raíz da fumaria serve para preparar tinta.
Galium aparine L. Galego: Amor-de-hortelâo, rapalíngua, chapizo
Castelán: Lapa, azotalenguas, lárgalo, busca-medias
Descrición: Planta anaul, grácil, branda, lixeira, orixinaria de Asia e Europa. Ten rizomas rastreiros, tallo trepador, cadrado, con aguillóns nas arestas, velloso nos nós, e ramificado dende a base. Follas con figura de ferro de lanza, agudo e estreito. Flores Branco-verdosas, agrupadas en pedúnculos nas axilas das follas e ao final dos tallos. O froito é unha cápsula case esférica, hirsuta, de dúas valvas. Común nas zonas incultas, nas sebes de veigas e colinas. Florece a partir de maio e recóllese a principio do verán
Partes utilizadas: Sumidades floridas, raíz, tallos, follas.
Compoñentes activos: Glucósidos, ácidos, lípidos, vitamina C.
Propiedades: Aperitivas, vulnerarias, diuréticas, cicatrizantes, antiinflamatorias, astrinxentes.
Usos: Infusións, zumes, pomadas. Emprégase para: dermatite, escorbuto, ictericia, nerviosismo, úlceras, etc
Observacións: Da decoción dos rizomas obtense unha bella cor vermella. En emplastos locais, a planta triturada è eficaz nas dermopatías. Esta planta considerábase anticanceríxena, extremo non confirmado. Úsase en homeopatía.
Geranium robertianum L.
Galego: Herba de San Roberto, erva da agulla
Castelán: Hierba de San Roberto
Descrición: Planta herbácea anual ou bienal, de 20-60 cm, xeralmente vermella. Follas divididas en lóbulos ata a base e cada indivíduo a súa vez noutros máis pequenos. Flores rosadas, en grupos de dúas, sobre un pedúnculo, nas axilas de follas terminais. Froito seco semellante a unha lampariña. Olor desagradable. Floración: a partir de abril
Parte utilizada: Planta enteira.
Hábitat e recolleita: En lugares sombrizos e bastante húmidos, muros, rochas, sebes, lindeiros de bosques. Etc., de todo o país. Recolleita: no verán; desecación á sombra.
Principios activos e acción: Taninos que determinan as súas accións, tónica e astrinxente. É tamén un diurético suave
Emprego: Contra a diarrea, hidropesía, etc, en forma de cocimento (20 g/l), pero sobre todo en uso externo, na estomatite, irritacións da gorxa, erupcións cutáneas, erisipela, feridas, etc, en gargarismos, locións ou compresas coa decoción (32 g/l) ou ben aplicando as follas frescas trituradas na parte afectada.
Glechoma hederacea L. Galego: Malvela, erva terrestre, herba de reste, herba dos bolos
Castelán: Hierba terrestre, hierba de San Juán
Descrición: Herba vivaz que, tendida, desparrámase polo chan, é orixinaira de Asia, Europa e África do Norte. É unha herba aromática, de tallo rastreiro de 30 cm de lonxitude, con follas pecioladas, de cor verde crara, con nerviacións profundas. As flores, que nacen nas axilas das follas, van unidas a pares, ou de tres en tres ou de cinco en cinco; a súa cor é lila ou branca, e as corolas son tubiliformes, compostas de 5 pétalos. Os froitos son càpsulas redondas. O sabor é acre, amargo.
Partes utilizadas: follas, raíz, zume, tallo (todo fresco).
Compoñentes activos: Principio amargo, aceite esencial, tanino, glúcidos, potasio, recina, vitamina C, saponina.
Propiedades: Tónicas pleurais, diuréticas, bronquíticas, antirreumáticas
Usos: Infusións, zumes, tés, cataplasmas
Observacións: Entra na preparación do té suizo, como tónico reconfortante nas conmocións e os traumas psíquicos. É excelente para a eliminación da celulite, como tónico da pel, e en Sudamérica preparan unha pasta con esta herba machacada e mesturada con vinagre para quitar os callos, xoanetes e ollos de galo.
Hedera helix L. Galego: Hera, hédera, hedreira, hedra, heradeira
Castelán: Yedra, hiedra común, hiedra trepadora, hiedra de Europa
Descrición: É unha planta trepadora, leñosa e sempre verde, orixinaria de Europa, Asia e África do Norte. O tronco e as ramas son samentosas, e dos mesmos brotan raíces adventicias que se agarran fortemente aos muros, árbores, etc. Pode vivir máis de 400 anos. As flores ostentan unha cor amarela verdosa, e nacen en umbelas. O froito é unha baia negruzca e redondeada, coma un chícharo. O froito madura en primavera pero é tóxico, provocando diarreas e vómitos. A hedra trepadora críase en sitios pedregosos ou rochosos, ata os 1000 metros de altitude buscando a sombra. Florece a finais do verán, e multiplícase por esquexe e estaquiña
Partes utilizadas: Follas frescas e sementes
Compoñentes activos: Glucósidos, hederína, ácidos málico, fórmico cloroxénico, gomorrecina de hedra
Propiedades: Analxésicas, antiespasmódicas, vomitivas, febrífugas,antirreumáticas
Usos: Decocións, infusións, cataplasmas. Emprégase: para a celulite, edemas, hpertensión, reumatismo, tosferina
Observacións: Para o pelo, deben ferverse uns minutos, 20 follas de hedra, fresca, nun litro de auga. Logo, fíltrase e úsase o líquido para enxaguar e friccionar o cabelo despois de lavalo con champú
Hypericum perforatum L. Galego: Herba de San Xuán, hiperiçao, milfurada, erva-de-sâo-joâo, etc
Castelán: Hierba de San Juán, sanjuanes, hierba de las heridas, espantadiablos
Descrición: É un arbusto vivaz, que acada case 1 metro de altura, e é orixinario de Centroeuropa. As follas son opostas, elípticas, pequenas e dirixidas cara á luz. As flores son de cor marela viva, que se tingue de vermello carmín se se aplastan cos dedos. Florece en maio, críase en campos ermos e bosques pouco frondosos; recóllese en plena floración, ou sexa a finais de xuño, e multiplícase por semente ou división da mata.
Partes utilizadas: Follas e sumidades florais
Compoñentes activos: Materias graxas, alcol cerílico, substancias tánicas e un aceite vermello
Propiedades: Astrinxentes, vermífugas, antisépticas, diuréticas, cicatrizantes, sedantes
Usos: Decocións, infusións, aceites, ungüentos. Utilízase contra: o asma, bronquite, feridas, quiemaduras, úlceras.
Observacións: Na Idade Media, esta planta queimábase nas casas onde se cría que había un demo, crendo que iste era incapaz de resistir a presenza do hiperico ou espantademos.
Ilex aquifolium L. Galego: Acibo, xardón, pica folha, aquifolio aceviño, teio, picarato, espiña-sempreverde
Castelán: Agrifolio, cardonera, aquifolio, cebro, cardón, cardonera
Descrición: Arbusto orixinario do sur de China. Tallo de cortiza lisa, lampiña, e madeira dura; follas coriáceas, de cor verde, semellantes ás do loureiro, con bordes espiñosos. Flores brancas ou lixeiramente rosadas, que brotan nas axilas das follas. O froito é globoso, do tamaño dun chícharo, liso, relucente e de cor escarlata. Os froitos aparecen en setembro madurando en outubro
Partes utilizadas: Cortiza e follas
Compoñentes activos: Ilicina, goma, cera, ácido cafetánico, hidrocarburo ilíceno, taninos, ácidos graxos, pectina
Propiedades: Emolentes, febrífugas, antiespasmódicas,diuréticas, tónicas, laxantes, sudoríficas
Usos: Decocións, cocimentos, viño tónico
Observacións: O acivro, como o muérdago, forman parte da ornamentación das árbores de
Navidade. A súa madeira é excelente pola súa resistencia, a súa homoxeneidade e a súa brancura. As follas son diuréticas e laxantes, e os froitos son purgantes e, a grandes doses, vomitivos.
Linaria Cymbalaria Millar Galego: Cimbalária, ruinas.
Castelán: Palomilla del muro, hierba del campanario, juntapulpa
Descrición: É unha planta herbácea, fráxil, perenne, con tallo sutiles, rastreiros, con raiciñas nos nós, que caen en cascada nos muros secos ou nos rochedos. As flores nacen ao extremo dun longo pecíolo, que parte da partición de dúas follas; o cáliz e pentasépalo, e a corola tubular, formada por dous labios minúsculos, o superior dividido en dous lóbulos, e o inferior en tres. O froito é unha cápsula, que contén sementes. Florece dende a primaver ao outono
Partes utilizadas: Follas, tallos, flores e froitos
Compoñentes activos: Taninos, mucílagos, goma, ácidos, cimbalarina
Propiedades: Vulnerarias, antihemorroidais
Usos: Infusións, cataplasmas. Emprégase contra o escorbuto, estreñimento, retención dos ouriños, etc.
Observacións: Emprégase vulgarmente aplicando as súas follas secas sobre as feridas recentes, con fins hemostáticos.
Linum angustifolium Hudson Galego: Liño
Castelán: Lino
Descrición: Planta herbácea de 40-80 cm, con follas alternas, lanceoladas e estreitas. Flores azuis ou máis raramente brancas ou vermellas, nos extremos da ramas da parte superior do tallo. O froito é unha cápsula globulosa con 10 sementes duns 5 mm, comprimidas de cor castaña. Floración abril-xullo
Partes utilizadas: Sementes
Hábitat e recolleita: Orixinaria do Cáucaso, cultívase en numerosos países de clima temperado, en solos ricos, arxilosos e frescos. Recolleita: na madurez cando xa cairon as follas
Principios activos e acción: Mucílago hidrolizable en ácido glacturónico, galactosa, ramnosa e arabinosa, que lle confire propiedades emolentes e laxantes. Abundantes lípidos, responsables da vitamina F do aceite
Emprego: Como laxante mecánico en forma de macerado ou decoción. Ás veces asóciase con drogas antiinflamatorias, en inflamacións das vías dixestivas, urinarias e respiratorias. En uso externo, o pó (fariña de linaza) en cataplasmas ou locións coa infusión (10%), en inflamacións, contusións, erupcións, feridas, etc..
Lipia citriodora H. B et K. Galego. Herba luisa
Castelán: Hierba luisa, verbena oloroas, cidrón, hierba de la princesa
Descrición: Arbusto que pode acadar ata 2 m, tallo acanalado, ramificado. Follas verticiladas 3 ou 4 nos nós, lanceoladas, enteiras, àsperas. Flores pequenas en espiga nas axilas das follas, pétalos brancos no exterior e azulados no interior . Floración : verán.
Parte utilizada: Follas. Aparecen enroladas e despiden olor a limón por frotamento
Hábitat e recolleita: Planta orixinaria de América do Sur. Require lugar soleado e protexido do vento. Recolleita: dúas veces ao ano, en xullo e outubro
Principios activos e acción: Esencia con máis de 120 compoñentes entre os que destacan o citral e o cariofileno
Emprego: Como dixestivo e antiespasmódico, en dixestións pesadas, dores de estómago, vómitos, etc en forma de infusión. Moi empregaad en mecdicina popular.
Lithospermum fruticosum L. Galego:
Castelán: Asprilla, asperón
Descrición: É unha planta que acada ata 1 mtro de anchura, anque esto non sexa o máis corriente. Nas flores o cáliz é pentasépalo, e os sèpalos son erguidos e aproximados no ápice, a corola é enteira, tubulosa, ensanchada ploa parte superior, aberta e fendida en 5 lóbulos, de cor púrpura sendo o capullo,azul intenso ao abrirse. O froito componse de 4 granciños brancuzcos, lisos, e aloxados no fondo do cáliz. Florece a partir de marzo, críase en terreos calcáreos das terras baixas, e nalgunhas serras non moi elevadas
Partes utilizadas: Flores e follas
Compoñentes activos: Descoñécense
Propiedades: Hipotensoras, febrífugas, antiparasitarias
Usos: Infusións
Observacións: Esta planta sempre foi considerara excelente para “rebaixr o sangue” e eliminar os parásitos da mesma.
Lonicera periclymenum L. Galego: Maderessilva, bigorda
Castelán: Madreselva, hoja de cabra Descrición: É un arbusto trepador, originario de Europa meridional e da cunca do Mediterráneo. O seu tallo é glabro, sarmentoso ou voluble. Ten unhas follas opostas, sésiles, ovais, na parte superior dos tallos. As flores son brancas, marelas ou rosadas, ás veces con tinte vermello, agrupadas en cima e moi aromáticas. O froito é unha baia vermella, ovoide con diversas sementes. A raíz ten xemas adventicias. O olor conxunto da planta é moi agradable. Cultívase con fins ornamentais. Florece ne primavera e verán
Partes utilizadas: Cortiza, follas e flores
Compoñentes activos: Esencia, mucílago, glucósido, ácido salicílico.
Propiedades: diuréticas, astrinxentes, refrescantes, sudoríficas, antisépticas
Usos: Infusións, decocións. Emprégase contra as anxinas, colibacilose, inflamacións, tos.
Observacións: As baias son moi tóxicas, polo que non deben consumirse nunca. Sen embargo, esta planta pode usarse para efectuar enxagües bucais. É unha planta melífera.
Malva sylvestris L. Galego: Malva
Castelán: Malva
Descrición: Planta herbácea bianual ou perenne, vellosa, de tallo erguido. Follas con largos pecíolos. Flores grandes, en fascículos axilares, de corola rosa-violácea con veas máis escuras e con numerosos estames. O froito está composto de aquenios dispostos en círculo. Floración: primavera-verán
Parte utilizada: Follas e flores
Hábitat e recolleita: Planta ruderal, moi frecuente en ambientes nitrófilos. Recolleita: as follas antes da floración; as flores recóllense en xuño-xullo, diariamente, mentres dure a floración e desécanse á sombra ou en estufa ou temperatura inferior a 36º, desta maneira presentan unha fermosa cor azul
Principios activos e acción: Ricas en mucílago, de natureza urónica, ao que deben a súa acción emolente, antitusiva e laxante suave
Emprego: Como laxante e pectoral emprégase a infusión de flores (10 g/l, infundir 15 minutos;beber a vontade). A decoción das follas aplícase en enemas. En uso externo, a decoción en locións e compresas, en irritacións dos ollos, lavado de feridas, abscesos, furúnculos etc.